Bienvenidos a este nuevo bLog

Estimados amigos os quiero dar la bienvenida a este nuevo blog, en la cual intentare mostrar como veo yo a galicia,que es lo que me ofrece para que yo pueda amar tanto esta tierra,intentare mostrar tambien las historias,imagenes ,mitos y leyendas sobre esta tierra,su presente y su futuro. Desde aqui me gustaria pedir vuestra colaboracion y que me ayudeis a conocerla mejor,cuales son vuestras inquietudes y que cosas cambiarias, para que en galicia tengamos un futuro mejor. Para todos o que visiten este blog, os doy las gracias.

martes, 15 de mayo de 2007


A SANTA COMPAÑA quizais sexa, unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego. Coñécese tamén en Galicia con varios nomes : Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Todos eles son termos que nos indican a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.

Son varias as versións que na bibliografía podemos atopar sobre a Santa Compaña, de aí a dificultade para poder definila con exactitude. Agás excepcións, hai unha serie de trazos xerais nos que coinciden a meirande parte dos autores ó se referiren a ela: "procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".


Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de tódalas ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presencia polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso.

O portador da cruz non pode en ningún momento volve-la vista atrás nin renunciar ós seus cargos precedendo a Santa Compaña.

Só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen lle entrega-la cruz e o caldeiro.

Para se salvar desta obrigación a persoa que vexa pasa-la Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou ben botarse boca abaixo.

Aínda que na maioría das historias sobre a Santa Compaña esta realiza a súas aparicións de noite, tamén hai casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.

No hay comentarios: